Eu utilizo moito allo porro para cociñar, gústame moito, e como teño uns estupendos na horta penseí en asalos e facer unha quiche con eles. Este tipo de receitas son moi fáciles de facer e ademais pode cociñarse con antelación e tomarse quente ou a temperatura ambiente. Acompañada dunha ensalada está riquísima. Ingredientes: Masa 100 g de fariña de arroz 60 g de amidón de millo 4 g de psyllum moído 1 ovo mediano 80 g de manteiga fría 2 culleres de auga moi fría Recheo : 3 allos porros medianos 2 ovos 50 ml de leite evaporado 30 g de queixo parmesano relado Pementa negra moída Sal Aceite de oliva Elaboración: Masa Cortar a manteiga en cubos dun cm de lado. Mesturar a manteiga, a fariña de arroz, o amidón de millo e o psyllum. Pode facerse a man ou na batedora. Cando teñamos como unha especia de area engadir o ovo. Seguir mesturando. Se non se forma unha masa compacta engadir unha culleriña de auga e se é necesario engadir máis ata ter unha masa compacta. A cantidade de auga necesaria va
- Obter ligazón
- X
- Correo electrónico
- Outras aplicacións