Galletas holandesas

De cando en vez teño ganas de facer os doces que antes mercaba nas pastelarías e que me encantaban. As galletas holandesas son un deses postres. A adaptación da receita, para facelas sen glute, é moi fácil e a receita tamén o é. Neste caso usei fariña de arroz integral pero creo que con fariña de arroz tamén quedarían moi ricas. A próxima vez deixarei parte da masa no conxelador para facelas en calquera momento que me apetezan.


Ingredientes:

  • 300 g de fariña de arroz integral
  • 150 g de manteiga fría en anacos pequenos
  • 70 g de azucre glass
  • 2 xemas de ovo
  • 25 g de leite frío
  • 1 culleriña de impulsor químico
  • Azucre glass para decorar


Elaboración:

  1. Poñer todos os ingredientes na batedora e bater ata ter unha masa homoxénea.
  2. Envolver a masa en filme e deixala repousar na neveira uns 15 minutos.
  3. Acender o forno a 180ºC con calor arriba e abaixo.
  4. Estirar a masa ata que teña un grosor de aproximadamente 0,5 cm.
  5. Cortar as galletas cun corta pastas e poñelas, sobre papel sulfurizado, nunha bandexa de forno.
  6. Meter no forno durante uns 12 minutos ou ata que os bordos das galletas estean torrados.
  7. Sacalas  do forno e deixar arrefriar.
  8. Botar azucre glass por enriba.
  9. Se non se queren facer todas as galletas a masa pode gardarse no conxelador.

Dificultade: Moi fácil
Tempo aproximado: 45 minutos
Alérxenos:



Comentarios