Galletas de dobre chocolate con sal e cítricos

Estas son unhas galletas moi fáciles de facer. Non son moi doces polo tipo de chocolate que levan. Coas cantidades indicadas saen unhas 20 galletas, as boliñas de masa poden conxelarse para ir facéndoas cando se desexe. Poden utilizarse outros tipos de chocolate segundo o gusto.


Ingredientes:

  • 200 g de chocolate do 70%
  • 100 g de chocolate do 50%
  • 100 g de fariña de arroz
  • 50 g de manteiga
  • 70 g de azucre
  • 1 ovo
  • 1 xema de ovo
  • Media culleriña de impulsor químico
  • Media culleriña de sal
  • A pel relado dun limón
  • A pel relada dunha laranxa
  • Sal en escamas para decorar

Elaboración:

  1. Poñer nun cazo o chocolate do 70% e a manteiga, quentar a lume moi suave ata que todo estea fundido. Mesturar ben.
  2. Bater o ovo e a xema co azucre. Engadir a pel relada do limón e a laranxa.
  3. Mesturar o chocolate fundido coa preparación anterior.
  4. Engadir a fariña e o impulsor químico.
  5. Picar o chocolate do 50% en anacos pequenos pero que poidan notarse na masa das galletas.
  6. Mesturar o chocolate en anacos e a masa.
  7. Deixar repousar a masa na neveira durante uns 30 minutos.
  8. Quentar forno a 200ºC
  9. Forrar unha bandexa de forno con papel sulfurizado.
  10. Distribuír anacos de masa sobre a bandexa. Os anacos deben ter o tamaño dunha bóla duns 3 cm de diámetro. Chafar un pouco as bólas.
  11. Meter no forno durante uns 10 minutos. Ao sacar do forno botar por enriba das galletas unhas escamas de sal.
  12. Deixar arrefriar.

Nota: A masa pode conxelarse.





Dificultade: Moi fácil
Tempo aproximado: 1 hora, incluíndo o repouso
Alérxenos:






Comentarios