Ingredientes:
4 cogomelos (boletus eringii ou outro tipo de cogomelos) , 200 g de cabaza, media cebola, queixo feta, 2 dentes de allo, aceite de oliva virxe extra, vinagre de viño tinto, pementa negra moída, 1 culleriña de pemento doce da Vera, sal, 6 "tortillas" mexicanas.Elaboración:
- Cortar os cogomelos en láminas.
- Mesturar 4 culleres de aceite, 1 culler de vinagre, 1 dente de allo picado moi fino, 1 culleriña de pemento doce, sal e pementa ao gusto.
- Mollar as láminas de cogomelos coa mestura anterior e reservar.
- Cortar a cebola en pluma e a cabaza en láminas finas. Picar moi fino un dente de allo.
- Poñer nunha tixola un pouco de aceite e engadir a cebola, a cabaza e o dente de allo picado. Facer a lume moi suave coa tixola tapada.
- Cando a cebola e a cabaza estean feitas engadir sal e pementa ao gusto. Reservar.
- Poñer nunha tixola os cogomelos e facelos a lume suave.
- Montar os tacos poñendo en cada "tortilla" cogomelos e cabaza con cebola.
- Esmiuzar o queixo feta e botalo por enriba dos tacos.
- Suxestión: Engadir aos tacos un pouco de zume de lima ou facer unha salsa mesturando iogur natural e unha salsa de tomate moi picante.
Dificultade: Fácil.
Tempo aproximado: 45 minutos.
Comentarios
Publicar un comentario
Encantaríame saber a túa opinión