Ingredientes:
200 g de lombo de bacallau salgado, 2 dentes de allo, 100 ml de aceite de oliva virxe extra, 200 ml de leite, pementa negra moída,3 mazás, 100 g de azucre moreno, 50 ml de sidra ou licor de mazá, 1/2 culleriña de canela en po, 2 ou 3 clavos, 1/2 culleriña de anís estrelado.Elaboración:
- Despois de ter o lombo de bacallau salgado 48 a remollo poñelo a cocer en abundante auga cun pouco de leite.
- Sacar o bacallau da auga en canto poidan separarse as láminas. Deixar arrefriar.
- Pelar e cortar as mazás e anacos non moi grandes.
- Poñer as mazás nunha tarteira xunto co azucre, a sidra e as especias. Cocer a lume suave remexendo de vez en cando ata que as mazás estean ben feitas.
- Poñer a lume moi baixo o aceite cos dentes de allo pelados, retiralos do lume cando estean brandos e sen torrar.
- Cando o bacallau estea frío limpalo de espiñas e pel e separar as láminas, cortar en anacos pequenos.
- Mesturar o aceite cos allos co bacallau e pasar pola batedora, ir engadindo o leite para que non quede unha crema moi espesa.
- Corrixir de sal , se é necesario, e botar un pouco de pementa.
- Poñer nuns vasiños un pouco da brandada de bacallau e cubrir coa compota de mazá.
- Servir a temperatura ambiente.
Dificultade: Fácil.
Tempo aproximado: 40 minutos
Comentarios
Publicar un comentario
Encantaríame saber a túa opinión