Ingredientes:
Para 6 moldes de 10x5 cmPara a masa: 60 g de fariña Schär Mix C, 40 de améndoa moída, 57 g de manteiga moi fría, 30 g de queixo parmesano relado, 1 culleriña de sal, 2 culleriñas de liño dourado moído, 4 culleriñas de auga fervendo, 2 culleres de auga xeada, 1 ovo.
Para o recheo: A metade da parte branca dun allo porro, 6 champiñóns grandes, aceite de oliva virxe, 2 talladas de xamón serrano picado, pementa negra moída, sal, 1 culler de maizena, 150 ml de leite.
Elaboración:
Para a masa- Mesturar as 2 culleriñas de liño coas 4 culleriñas de auga fervendo, remexer e reservar.
- Mesturar a fariña a améndoa, o queixo parmesano,o sal e a pasta de liño e auga.
- Poñer na batedora de variñas e mesturar os ingredientes anteriores.
- Engadir a manteiga moi fría en anacos.
- Bater ata que a mestura teña aspecto de area.
- Engadir a auga xeada aos poucos ata que a masa se separe das paredes do recipiente.
- Forrar moldes desmontables coa masa, facendo unha capa fina, e metelos na neveira 15 ou 20 minutos.
Para o recheo
- Picar o allo porro moi fino, poñelo nunha tixola cun pouco de aceite e deixar que se faga a lume lento.
- Cando o allo porro estea case feito engadir o xamón picado, remexer e deixar que se sigan cociñando.
- Picar os champiñóns en anacos moi pequenos.
- Engadir os champiñóns á tixola remexer e deixar facer a lume lento.
- Disolver a maizena na metade do leite.
- Cando os champiñóns estean case feitos engadir a maizena disolta en leite, remexer e engadir o resto do leite aos poucos ata que teña unha consistencia cremosa, rectificar de sal e engadir a pementa.
Montaxe
- Acender o forno a 180ºC.
- Sacar os moldes da neveira, pinchar a masa cun garfo para que non suba.
- Meter os moldes no forno uns 10 minutos ou ata que collan cor.
- Sacar os moldes do forno e enchelos coa crema de champiñóns.
- Bater o ovo e pintar a crema de champiñóns dos moldes.
- Meter os moldes no forno a gratinar ata que estean dourados por enriba.
- Sacar do forno desmoldar e servir.
Suxestión: servir acompañadas dunha ensalada variada e champiñóns crus cortados mi finos.
Dificultade: Media.
Tempo aproximado: 1 hora e media
Comentarios
Publicar un comentario
Encantaríame saber a túa opinión