Ingredientes:
12 alcachofas pequenas, 2 dentes de allo, 2 follas de loureiro, unha culler de pementa negra, 2 culleriñas de sal, 600 g de auga, 200 g de vinagre branco de mazá, 1 limón, aceite de oliva virxe extra variedade Arbequina.Elaboración:
- Limpar as alcachofas quitándolles as follas máis duras ata quedar co corazón.
- Relar a pel do limón, espremer o zume de limón.
- Poñer nunha tarteira todos os ingredientes.
- Levar a ebulición e deixar cocer as alcachofas durante 10 ou 15 minutos, teñen que quedar ao dente.
- Ferver uns botes de cristal para gardar as alcachofas.
- Meter as alcachofas, aínda quentes, nos botes.
- Encher os botes de aceite de oliva virxe extra variedade Arbequina.
- Pechar os botes ao baleiro ou gardar na neveira.
- Consumir despois de cinco días.
Suxestións: Para engadir ás ensaladas ou tomar como aperitivo.
Dificultade: Facilísima.
Tempo aproximado: 30 minutos.
Comentarios
Publicar un comentario
Encantaríame saber a túa opinión