Ingredientes:
1 kg de mexillóns frescos, 1 bote de tomate triturado, 1 cebola, 1 dente de allo, 1 ovo, aceite de oliva virxe extra, sal, tabasco.Elaboración:
- Abrir os mexillóns ao vapor, só é necesario poñelos nunha tarteira ao lume suave.
- Cocer o ovo.
- Poñer nunha tixola a cebola picada, o allo moi picado e o aceite. Pochar a cebola e o allo ao lume suave.
- Cando a cebola estea transparente engadir o tomate triturado e un pouco da auga que soltaron os mexillóns remexer e deixar facer a lume suave uns 15 minutos.
- Picar moi fino o ovo cocido e engadirllo á salsa de tomate.
- Botar unhas pingas de salsa de tabasco á salsa ao gusto.
- Limpar os mexillóns e poñelos nunha fonte sobre as cunchas. Botar a salsa por enriba.
Dificultade: Fácil.
Tempo aproximado: 30 minutos.
Comentarios
Publicar un comentario
Encantaríame saber a túa opinión