Ingredientes:
5 tortillas pequenas de millo sen glute, unha lata de tomate natural triturado, tres pementos do "piquillo", 175 g morcillas de arroz sen glute, queixo mozzarella relado. Ourego e pementa negra moída.Elaboración:
- Poñer nunha tixola ao lume o tomate triturado e deixar reducir ata ter un salsa espesa, engadir unha pizca de ourego e pementa negra moída.
- Picar os pementos en anacos pequenos.
- Quitar a pel á morcilla e desfacela.
- Mesturar a morcilla e os pementos e poñela nunha tixola. Poñer ao lume e remexer.
- Na bandexa do forno, cuberta con papel, poñer as tortillas.
- Botar unha culler do tomate en cada tortilla e estendelo.
- Repartir en cada tortilla, por enriba do tomate, a morcilla e os pementos.
- Botar o queixo relado enriba de cada tortilla.
- Meter a bandexa no forno a 200ºC, e sacar cando o queixo comece a coller cor.
Dificultade: Facilísima.
Tempo aproximado: 30 minutos.
Comentarios
Publicar un comentario
Encantaríame saber a túa opinión