Ingredientes:
2 remolachas cocidas, 1 dente de allo, medio chile vermello sen sementes, 1 iogur grego, 2 dátiles medjoul, 1 cebola tenra, queixo feta, sal, aceite de oliva virxe extra.Elaboración:
- Poñer no vaso da batedora as remolachas cortadas en anacos, o iogur, o chile cortado en anacos pequenos, o dente de allo e os dátiles.
- Triturar todo ben.
- Engadir o sal ao gusto e remexer ben.
- Cortar a cebola en láminas finas.
- No momento de servir botar as láminas de cebola e o queixo esnaquizado por enriba do puré de remolacha. Botar, tamén, un pouco de aceite de oliva.
Suxestión: pode servirse para picar acompañada de pan, de tortillas mexicanas ou de totopos.
Adaptada de "Jerusalén crisol de cocinas del mundo" de Ottolenghi y Tamimi
Dificultade: Fácil.
Tempo aproximado: 30 minutos.
No puede tener un color más atractivo.
ResponderEliminarBlanca de JUEGO DE SABORES
Muchas gracias por tú visita y tú comentario. Saludos¡
Eliminar