Puré de remolacha con iogur

Ingredientes:

2 remolachas cocidas, 1 dente de allo, medio chile vermello sen sementes, 1 iogur grego, 2 dátiles medjoul, 1 cebola tenra, queixo feta, sal, aceite de oliva virxe extra.





Elaboración:

  1. Poñer no vaso da batedora as remolachas cortadas en anacos, o iogur, o chile cortado en anacos pequenos, o dente de allo e os dátiles.
  2. Triturar todo ben.
  3. Engadir o sal ao gusto e remexer ben.
  4. Cortar a cebola en láminas finas.
  5. No momento de servir botar as láminas de cebola e o queixo esnaquizado por enriba do puré de remolacha. Botar, tamén, un pouco de aceite de oliva.


Suxestión: pode servirse para picar acompañada de pan, de tortillas mexicanas ou de totopos.

Adaptada de "Jerusalén crisol de cocinas del mundo" de Ottolenghi y Tamimi
Dificultade: Fácil.
Tempo aproximado: 30 minutos.