Trufas de chocolate

Ingredientes:

250 g de chocolate fondant sen glute, 150 g de nata de 35%, 25 g de manteiga, 4 culleres de augardente de herbas (ou outro licor).




Elaboración:

  1. Colocar a nata nun cazo, quentar a lume lento e retirar. A nata non ten que estar demasiado quente.
  2. Engadir á nata a manteiga e o chocolate, remexer ata que estean desfeitos e teñas unha crema.
  3. Engadir o licor e remexer.
  4. Meter a mestura na neveira ata que arrefríe.
  5. Forrar unha bandexa con papel  para forno e ir collendo cunha culler anaquiños da pasta de chocolate.
  6. Facer boliñas, poñelas na bandexa e meter na neveira unhas 4 horas.
  7. Rebozar as trufas con cacao puro ou azucre de lustre.
  8. Aguantan varios días na neveira, poden conxelarse antes de rebozalas.


Dificultade: Fácil.
Tempo aproximado: 30 minutos (máis o repouso na neveira)