domingo, 1 de marzo de 2015

Pastel de arroz con leite

Ingredientes:

300 g de arroz (de variedade axeitada para risotto), 300 g de azucre, 1,5 litros de leite, 5 ovos, a pel dun limón, 50 ml de licor de laranxa, a pel relada dunha laranxa, un pau de canela.






Elaboración:

  1. Poñer ao lume o leite, o azucre, a pel de limón e o pau de canela.
  2. Cando empece a ferver engadir o arroz, deixar ao lume suave uns 25 minutos e remexer de vez en cando.
  3. Retirar do lume, sacar o pau de canela e a pel de limón e deixar repousar ata que arrefríe. 
  4. Acender o forno a 180ºC.
  5. Separar as claras das xemas.
  6. Mesturar as xemas co licor e a pel relada dunha laranxa.
  7. Bater as claras ata punto de neve forte.
  8. Cando o arroz con leite estea frío engadir as xemas e mesturar completamente.
  9. Engadir as claras a punto de neve mesturando con suavidade para que non baixen.
  10. Botar a mestura a un molde desmontable.
  11. Meter no forno durante 1 hora e 15 minutos.
  12. Se a parte de enriba do pastel se torra demasiado tapalo con papel de aluminio e seguir cociñando.



Dificultade: Fácil
Tempo aproximado: 2 horas máis o tempo que tarde en arrefriar o arroz con leite.