Ingredientes:
2 patacas, 1 cebola mediana, 400g de espinacas, queixo feta ao gusto, sal, pementa negra moída, aceite de oliva virxe extra.Elaboración:
- Cortar a cebola e poñela nunha tarteira cun pouco de aceite, ao lume suave.
- Cando a cebola estea transparente engadir as patacas peladas e cortadas. Remexer.
- Engadir un pouco de pementa negra moída.
- Engadir as espinacas, remexer durante uns minutos.
- Engadir auga suficiente para cubrir as patacas, deixar cocer.
- Cando as patacas estean cocidas triturar todo ata obter un puré. Engadir o sal.
- Poñer a quentar a crema.
- Servir a crema de espinacas e poñer por enriba o queixo.
Dificultade: Facilísima.
Tempo aproximado: 40 minutos.
Muy buena receta :) Las cremas siempre sientan genial :)
ResponderEliminarEnhorabuena por el blog!
Saludos 'especiados'
Muchas gracias, me encanta tu blog ademas con opciones sin gluten, seguro que volveré a visitarlo.
Eliminar