Crema de espinacas con queixo feta

Ingredientes:

2 patacas, 1 cebola mediana, 400g de espinacas, queixo feta ao gusto, sal, pementa negra moída, aceite de oliva virxe extra.







Elaboración:

  1. Cortar a cebola e poñela nunha tarteira cun pouco de aceite, ao lume suave.
  2. Cando a cebola estea transparente engadir as patacas peladas e cortadas. Remexer.
  3. Engadir un pouco de pementa negra moída.
  4. Engadir as espinacas, remexer durante uns minutos.
  5. Engadir auga suficiente para cubrir as patacas, deixar cocer.
  6. Cando as patacas estean cocidas triturar todo ata obter un puré. Engadir o sal.
  7. Poñer a quentar a crema.
  8. Servir a crema de espinacas e poñer por enriba  o queixo.




Dificultade: Facilísima.
Tempo aproximado: 40 minutos.