Galletas de mandarinas

Ingredientes:

1 ovo, 150 g de manteiga a temperatura ambiente, 200 g de fariña de améndoa, 200 g de fariña de repostaría sen glute, 100 g de azucre, 4 mandarinas, 1 xema de ovo, azucre glass.







Elaboración:

  1. Bater o ovo coa manteiga.
  2. Cando estean en pomada ir engadindo o azucre, a améndoa e a fariña.Seguir batendo.
  3. Espremer  unha mandarina e engadir o zume á masa.
  4. Relar a pel dunha mandarina e engadila á masa.
  5. Envolver a masa en film e facer un rolo con ela. Metela na neveira durante unhas 3 horas.
  6. Cortar as mandarinas restantes en toros moi finos e reservar.
  7. Acender o forno a 180ºC.
  8. Sacar a masa da neveira e cortar o rolo en discos duns 5 cm de diámetro para facer as galletas.
  9. Colocar as galletas en nunha bandexa de forno cuberta con papel. Separalas uns 2 cm.
  10. Poñer enriba de cada galleta un toro de mandarina, apretalo un pouco para que quede ben pegado á galleta.
  11. Pintar as galletas coa xema de ovo batida.
  12. Meter as galletas no forno durante 14 minutos.
  13. Sacalas do forno e deixalas arrefriar, botarlles por enriba azucre glass.

Dificultade: Media.

Comentarios

  1. Una extraordinaria receta, me imagino el agradable sabor de las galletas. Suerte en el reto. Un abrazo.

    ResponderEliminar
  2. Respostas
    1. Muchas gracias Carola¡ ya ves que son fáciles de hacer, si las pruebas ya me contarás

      Eliminar
  3. As fixo a miña nai é testifico que san deliciosas

    ResponderEliminar
  4. As fixo a miña nai e quedaron boísimas

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Encantaríame saber a túa opinión