Ingredientes:
Base: 100 g de fariña de arroz glutinoso, 100 g de fariña de repostería ADPAN , 60 g de azucre, 30 g de cacao en po sen glute, 100 g de manteiga fría, 2 xemas de ovo, 2 culleres de auga.Recheo: 150 g de abelás tostadas e sen pel, 175 g de azucre,60 ml de auga, 300 ml de nata para montar, 200 g de chocolate fondant con leite sen glute, 200 g de chocolate fondant do 50% sen glute.
Cobertura: 160 ml de nata para montar, 40 ml de leite, 100 g de chocolate fondant do 50% sen glute, 100g chocolate fondant do 70% sen glute.
Elaboración:
Base:- Mesturar as fariñas co azucre e co cacao.
- Poñer a mestura de sólidos na batedora, engadir a manteiga fría cortada en anacos. Bater ata ter unha mestura coa textura de area.
- Engadir as dúas xemas de ovo, se é necesario engadir as culleres de auga para que se forme unha bóla de masa.
- Envolver a masa en film e deixar repousar 1 hora na neveira.
- Sacar da neveira e cubrir coa masa o fondo e os laterais dun molde desmontable de 28 cm de diametro.
- Deixar repousar outra hora na neveira.
- Acender o forno a 180ºC.
- Meter o molde no forno e cocer en branco (cubrir a masa con papel e poñer peso enriba) durante 10 minutos.
- Sacar do forno, deixar arrefriar e volver a meter no forno outros 10 minutos. Sacar do forno e reservar.
Recheo:
- Poñer ao lume nun cazo o azucre e a auga. Deixar cocer ata obter un caramelo escuro.
- Poñer as abelás sobre un papel de forno untado de aceite previamente.
- Cando o caramelo estea feito botalo por enriba da abelás e deixar arrefriar.
- Cando estea frío, triturar o praline moi fino.
- Quentar a nata e engadir os chocolates en anacos pequenos, cando o chocolate estea fundido retirar do lume e engadir 2/3 do praliné (reservar o resto para decorar).
- Remexer e mesturar todo ben.
- Botar esta mestura sobre a tartaleta xa cocida e deixar repousar 1 hora ou 1 hora e media na neveira.
Cobertura:
- Mesturar todos os ingredientes nun cazo e quentar ao lume suave ata que o chocolate estea derretido.
- Botar esta mestura por enriba da tarta con recheo e deixar repousar 1 hora na neveira.
Dificultade: Alta
Tempo aproximado: 4 horas incluíndo os repousos necesarios
Adaptada sen glute de Gourmet Traveller
Unha torta riquísima e fermosa. Bicos.
ResponderEliminarMoitas grazas, Alicia¡¡¡
Eliminargod, this sounds delicious. Thank you for sharing this.
ResponderEliminarSimon
Thank you very much to you for your comment and your visit¡¡
Eliminar