Galletas de tahina

Ingredientes:

130 g de azucre glas, 150 g de manteiga a temperatura ambiente, 110 g de tahina, 25 ml de nata (35%), 200 g de fariña de arroz glutinoso, 70 g de amidón de millo, canela moída.







Elaboración:

  1. Acender o forno a 200ºC.
  2. Bater a manteiga co azucre ata que estean ben mesturados.
  3. Engadir a tahina e a nata e seguir mesturando.
  4. Engadir a fariña de arroz e o amidón de millo e bater ata que estean ben incorporadas.
  5. Facer boliñas duns 20 g e dispoñelas sobre unha bandexa de forno cuberta con papel.
  6. Aplastar, un pouco, as boliñas coa parte traseira dun garfo para que queden os dentes marcados.
  7. Botar un pouco de canela por enriba e meter no forno durante uns 15 minutos ata que estean douradas.
  8. Repetir co resto da masa.
  9. Deixar arrefriar as galletas e gardalas nun bote.


Receita adaptada sen glute do libro "Jerusalén crisol de las cocinas del mundo"

Dificultade: Fácil.
Tempo aproximado: 1 hora.