sábado, 3 de xaneiro de 2015

Compota con figos, dátiles e máis

Ingredientes:

2 mazás reineta, 2 peras de inverno, 125 g de melocotóns secos, 125 g de figos secos, 125 g de dátiles, 125 g de uvas pasas de corinto, 126 g de ameixas pasas, 1/2 litro de viño tinto, 1 litro de auga, 175 g de azucre 1 pau de canela.





Elaboración:

  1. Poñer nunha tarteira ao lume o viño, a auga e o azucre. Deixar que ferva durante uns 15 minutos.
  2. Quitarlles a pebida ao dátiles e ás ameixas.
  3. Engadir todos os froitos secos á tarteira e deixalos cocer ao lume suave durante uns 20 minutos.
  4. Pelar as peras e as mazás e cortalas en anacos non moi pequenos.
  5. Engadir as mazás e as peras á tarteira, remexer e deixar que cozan ata que estean feitas.
  6. Servir quente ou fría ao gusto.


Dificultade: Facilísima
Tempo aproximado: 1 hora