Mazapáns

Ingredientes:

200 g de azucre, 100 g de auga, 250 g de améndoa moída, 1 ovo, a pel dun limón relada.




Elaboración:

  1. Separar a clara da xema do ovo.
  2. Poñer nun cazo a auga e o azucre . Quentar ata que a temperatura sexa duns 112ºC.
  3. Engadir a améndoa e remexer 
  4. Engadir a pel relada de limón.
  5. Deixar arrefriar e engadir a clara de ovo, mesturar.
  6. Deixar repousar na neveira ata o día seguinte.
  7. Acender o forno a 200ºC.
  8. Formar boliñas ou outras figuras co mazapán.
  9. Poñer os mazapáns sobre unha bandexa de forno forrada con papel.
  10. Pintar os mazapáns coa xema de ovo.
  11. Meter no forno durante uns 6 ou 7 minutos, a media altura. Vixiar para que non se queimen.
  12. Sacar do forno, deixar arrefriar e gardar nunha caixa.


Dificultade: Fácil
Tempo aproximado: 1 hora e 30 minutos.

Comentarios

  1. Gústame moito o mazapán, unha receita moi boa. Saudos.
    Se queres podes compartir as túas receitas no meu grupo de facebook:https://www.facebook.com/groups/1455365801390739/

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Moitas grazas polo teu comentario, en canto poida mirarei o teu grupo

      Eliminar
  2. He vuelto hoy, porque ayer deje un comentario pero por donde ando no tengo apenas cobertura y dudaba que hubiera sido publicado. Qué maravilla venir a verte, haces que todo parezca tan sencillo que dan ganas de ponerse a ello inmediatamente. Un abrazo enorme!!! Otra receta que me llevo para mi "despensa". Gracias por compartir.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Encantaríame saber a túa opinión