Torta de augardente de herbas

Ingredientes:

Para a prancha de biscoito: 4 ovos, 100 g de azucre, 80 g de fariña, 20 g de cacao puro en po.
Para a mousse: 4 xemas, 100 g de azucre, 6 g de xelatina, 80 ml de leite, 500 ml de nata (33%), 75 g de augardente de herbas.





Elaboración:

  • Prancha de biscoito:
  1. Acender o forno a 180ºC.
  2. Bater os ovos co azucre ata que dobre o volume.
  3. Engadir a fariña e o cacao pouco a pouco, con movementos envolventes e sen bater.
  4. Estender a mestura nunha bandexa de forno forrada con papel.
  5. Meter no forno 10 minutos.
  6. Sacar do forno. Deixar arrefriar.
  7. Cortar un anaco circular un pouco máis pequeno que o molde desmontable que se vai  utilizar.
  8. Poñer o círculo no fondo do molde, mollar o biscoito co licor. Reservar.

  • Mousse de augardente de herbas:

  1. Deixar a xelatina nun pouco de leite, para hidratar, ou quentala uns 15 segundos no microondas.
  2. Mesturar as xemas, o leite e o azucre. Poñer a mestura nun cazo a lume lento. Cando empece a ter temperatura engadir a xelatina e o licor. Remexer e reservar.
  3. Montar a nata.
  4. Mesturar a nata montada e a mestura de xemas.
  5. Botar no molde por enriba do biscoito.. Deixar repousar na neveira polo menos 4 horas.


Dificultade: Media.
Tempo aproximado: 1 hora.

Comentarios

  1. Tiene muy buena pinta! Enhorabuena por la receta!

    Saludos 'especiados'

    ResponderEliminar
  2. Muchas gracias, siempre sois muy amables conmigo, ya os dije que me encanta vuestro blog?
    Saúdos e bicos

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Encantaríame saber a túa opinión