Ingredientes:
Para a prancha de biscoito: 4 ovos, 100 g de azucre, 80 g de fariña, 20 g de cacao puro en po.
Para a mousse: 4 xemas, 100 g de azucre, 6 g de xelatina, 80 ml de leite, 500 ml de nata (33%), 75 g de augardente de herbas.
Elaboración:
- Prancha de biscoito:
- Acender o forno a 180ºC.
- Bater os ovos co azucre ata que dobre o volume.
- Engadir a fariña e o cacao pouco a pouco, con movementos envolventes e sen bater.
- Estender a mestura nunha bandexa de forno forrada con papel.
- Meter no forno 10 minutos.
- Sacar do forno. Deixar arrefriar.
- Cortar un anaco circular un pouco máis pequeno que o molde desmontable que se vai utilizar.
- Poñer o círculo no fondo do molde, mollar o biscoito co licor. Reservar.
- Mousse de augardente de herbas:
- Deixar a xelatina nun pouco de leite, para hidratar, ou quentala uns 15 segundos no microondas.
- Mesturar as xemas, o leite e o azucre. Poñer a mestura nun cazo a lume lento. Cando empece a ter temperatura engadir a xelatina e o licor. Remexer e reservar.
- Montar a nata.
- Mesturar a nata montada e a mestura de xemas.
- Botar no molde por enriba do biscoito.. Deixar repousar na neveira polo menos 4 horas.
Dificultade: Media.
Tempo aproximado: 1 hora.
Tiene muy buena pinta! Enhorabuena por la receta!
ResponderEliminarSaludos 'especiados'
Muchas gracias, siempre sois muy amables conmigo, ya os dije que me encanta vuestro blog?
ResponderEliminarSaúdos e bicos