Polvoróns, dúas receitas nunha

Hoxe dúas receitas nunha. Por un lado a receita tradicional de polvoróns, que leva manteiga de porco, e polo outro a receita vegana con aceite de oliva, as dúas sen glute. Utilicei un aceite de variedade Arbequina moi suave para que o seu sabor non predomine nos polvoróns.

Nos dous casos a receita é moi sinxela. Os polvoróns teñen que arrefriar completamente antes de manipulalos porque rompen con moita facilidade. 



Tradicional
Ingredientes:

  • 300 g de fariña de arroz
  • 125 g de améndoa moída
  • 75 g de azucre glas+ 2 culleres
  • 1 culleriña de canela en po
  • 1 chisco de sal
  • 150 g de manteiga de porco a temperatura ambiente
  • 1 culler de sésamo


Veganos
Ingredientes:

  • 300 g de fariña de arroz
  • 125 g de améndoa moída
  • 75 g de azucre glas+ 2 culleres
  • 1 culleriña de canela en po
  • 1 chisco de sal
  • 150 g de aceite de oliva virxe extra dunha variedade suave
  • 1 culler de sésamo


Elaboración:

  1. Acender o forno a 170ºC
  2. Mesturar a fariña e a améndoa.
  3. Espallar a mestura nunha fonte do forno e poñela nel durante una 25 minutos.
  4. Remexer de vez en cando e retirar cando empece a coller unha lixeira cor torrada.
  5. Deixar arrefriar.
  6. Poñer nun recipiente e engadir o resto de ingredientes.  A manteiga de porco, na receita tradicional, e o aceite de oliva na receita vegana.
  7. Mesturar ata ter unha masa compacta.
  8. Envolver a masa en papel de forno e metela no frigorífico durante unha hora.
  9. Acender o forno a 210ºC co grill.
  10. Sacar do forno e aplanar a masa ata que teña un grosor de 2 cm aproximadamente. Cortar os polvoróns cun cortapastas  e ir colocándoos nunha bandexa do forno forrada con papel.
  11. Meter os polvoróns no forno entre 6 ou 8 minutos, aproximadamente, ou ata que empecen a tostarse na superficie.
  12. Sacar do forno e deixalos arrefriar completamente.
  13. Botarlles por enriba azucre glas.


Dificultade: Fácil.
Tempo aproximado: 30 minutos máis o tempo de arrefriado da fariña e o de repouso da masa.
Alérxenos:





Comentarios