Volvo cunha receita moi sinxela e de chocolate, que máis se pode pedir?
Ingredientes:
115 g de manteiga a temperatura ambiente, 60 g de azucre glas, 95 g de fariña de arroz, 3 xemas de ovo, 30 g de cacao puro, 2 culleres de amidón de millo, un chisco de sal.Elaboración:
- Mesturar todos os ingredientes ata ter unha masa homoxénea.
- Envolver a masa en flim e facer un rolo.
- Meter a masa na neveira durante dúas horas para que endureza.
- Despois das dúas horas acender o forno a 170ºC.
- Sacar a masa da neveira e cortar o rolo en toros finos.
- Poñer os toros sobre unha bandexa de forno protexida con papel.
- Meter no forno durante 12 minutos.
- Sacar do forno e deixar arrefriar.
- Se se quere botar azucre glas por enriba das galletas.
Dificultade: Moi fácil.
Tempo aproximado: 30 minutos máis o repouso na neveira.
Alérxenos:
Comentarios
Publicar un comentario
Encantaríame saber a túa opinión