Encántame as tortas de mazás e esta pareceume tan fácil que tiña que facela. É moi , moi fácil de facer, a preparación dos ingredientes non leva máis de 15 minutos. O resultado é parecido a un flan cheo de mazá que resulta moi saboroso.
* Se o molde é desmontable forralo con papel de forno.
Ingredientes:
4 mazás medianas tipo "reineta", 3 ovos, 45 g de amidón de millo, 40 g de améndoa moída, 120 g de azucre, 375 g de nata (33%)Elaboración:
- Quentar o forno a 175ºC
- Mesturar todos os ingredientes agás as mazás.
- Pelar as mazás e cortalas en anacos desiguais.
- Encher un molde* cos anacos de mazás.
- Engadir a mestura do resto de ingredientes, esta mestura non ten que cubrir totalmente os anacos de mazás.
- Meter no forno durante 1 hora e 15 minutos.
- Cando a superficie da tarta empece a torrarse tapala cun papel de alumnio e deixar que siga cocendo.
- Transcorrido o tempo pinchar a tarta para comprobar que estea feita.
- Sacar do forno e deixar arrefriar.
* Se o molde é desmontable forralo con papel de forno.
Dificultade: Moi fácil
Comentarios
Publicar un comentario
Encantaríame saber a túa opinión