Tiña moitas ganas de facer un xeado de melón, aínda que a receita é moi fácil o principal problema é atopar un melón que estea no seu punto. Engadín un estabilizante para conseguir que o xeado estea un pouco máis cremoso, xa que o melón ten demasiada agua. O azucre debe engadirse ao final, despois de probar a mestura, porque a cantidade necesaria dependerá moito do doce que sexa o melón. Neste caso a graxa apórtaa o iogur grego, pero a próxima vez vou engadir "crème fraîche" para aumentar a cremosidade.
Ingredientes:
400 g de pulpa de melón, 1 iogur grego, 4 culleriñas Prosorbet de Home Chef, azucre ao gusto.Elaboración:
- Mesturar todos os ingredientes na batedora, ata que o melón estea desfeito e todo ben mesturado.
- Engadir o azucre segundo o gusto e o grao de dulzor do melón.
- Deixar repousar no frigorífico 12 horas.
- Pasar o preparado á máquina de xeados*.
- Gardar no conxelador.
- Para consumir sacar un pouco antes.
Comentarios
Publicar un comentario
Encantaríame saber a túa opinión