Sempre ando buscando novas ideas para xeados, non me acordo onde, encontrei un xeado feito con aguacate, pareceume interesante. O resto de ingredientes funos improvisando e o resultado foi un xeado moi fácil de facer e moi rico. Combina de marabilla co xeado de chocolate do 70%.
Ingredientes:
1 aguacate maduro, 180 g de leite condensado, media lima, 2 culleres de iogur grego.Elaboración
- Pelar o aguacate, poñelo no vaso da batedora e facer un puré.
- Mesturar o leite e o iogur e seguir batendo.
- Engadir o zume de media lima e a pel relada.
- Arrefriar rápido e deixar repousar no frigorífico 12 horas.
- Pasar o preparado á máquina de xeados*.
- Gardar no conxelador.
- Para consumir sacar un pouco antes.
*Pode facerse sen máquina metendo a mestura no conxelador ata que empece a conxelar, entón sácase e bátese, repítese esta operación ata que o xeado quede cremoso.
Comentarios
Publicar un comentario
Encantaríame saber a túa opinión