Tomates secos aderezados

No inverno consumo moitos tomates secos porque os frescos non están nada ricos. Esta é unha receita moi fácil que podes preparar en cantidade e gardar na neveira, onde aguantarán bastante tempo, aínda que a min non me duran moito porque os comemos deseguido.
Pareceme moi importante para esta receita utilizar unhas boas olivas negras.
Están mo ricos para acompañar queixos ou sobre unha torrada de pan. 



Ingredientes:

400 g de tomates secos, 2 cebolas vermellas, 4 dentes de allo, 6 allos tenros, 1 pau de canela, a pel dun limón, 1 culler de azucre moreno, dúas polas de romeu fresco, catro polas de tomiño fresco, 200 g de olivas negras de Aragón, aceite de oliva virxe extra, vinagre de módena.


Elaboración:


  1. Poñer os tomates secos a remollo en auga morna unhas dúas horas antes de facer a receita.
  2. Pelar e cortar as cebolas en anacos grandes.
  3. Cortar os allos tenros en anacos duns 5 cm.
  4. Cortar o pau de canela en catro anacos.
  5. Poñer nunha tarteira a cebola, os allos tenros, o romeu, o tomiño, a pel de limón, os dentes de allo sen pelar e o pau de canela en anacos.
  6. Engadir aceite de oliva ata cubrir os ingredientes.
  7. Quentar a lume suave.
  8. Cando a cebola empece a estar transparente, non ten que facerse moito, engadir o azucre, remexer.
  9. Engadir os tomates despois de escorregalos ben. Engadir máis aceite ata cubrir os tomates.
  10. Remexer e deixar cociñar durante uns 10 minutos.
  11. Engadir as olivas negras e o vinagre ao gusto, remexer. Deixar ao lume uns 5 minutos máis.
  12. Apagar o lume e deixar a tarteira enriba para que vai arrefriando despacio.
  13. Cando os tomates aderezados estean fríos gardalos nun bote na neveira.



Dificultade: Fácil.
Tempo aproximado: 40 minutos.

Comentarios