A primeira vez que fixen este pastel quedei moi sorprendida pola súa textura, parece máis unha mousse ou un souffle que os típicos pasteis de queixo, ademais, non é excesivamente doce polo unha vez que empezas a comer non paras. Agora é o meu pastel de queixo preferido. E outra cousa importante é que non tiven que adaptar a receita para facelo sen glute.
Dificultade: Media
Tempo aproximado: 30 minutos + o tempo de forno
Ingredientes:
300 g de queixo crema, 45 g de manteiga, 3 ovos, 20 g de azucre, 11 g de amidón de millo (Maizena), 150 g de leite, 55 g de azucre.Elaboración:
- Acender o forno a 180ºC poñendo dentro unha bandexa con auga.
- Preparar un molde duns 20 cm de diámetro forrándoo con papel de forno. O papel ten que sobresaír 1,5 cm, polo menos, do borde do molde.
- Separar as claras da xemas.
- Meter as claras no conxelador ata que empecen a conxelar os bordes.
- Mesturar as xemas cos 20 g de azucre e o amidón, remexer ata que quede unha mestura homoxénea.
- Poñer a quentar o leite.
- Botar un pouco de leite morno sobre a mestura de xemas para que estea máis fluída.
- Cando o leite empece a ferver botarlle a mestura de xemas e non deixar de remexer ata que espese. Reservar.
- Fundir a manteiga no microondas.
- Meter o queixo crema no microondas durante 15 s para que quede brando.
- Mesturar o queixo crema e a manteiga.
- Engadir á mestura de queixo e manteiga a crema feita coas xemas. Remexer ata que todo estea ben integrado.
- Bater as claras cos 55 g de azucre ata ter un merengue.
- Engadir o merengue á mestura do punto 12, remexer suavemente para que as claras non baixen.
- Botar a mestura no molde e meter no forno durante 15 minutos, logo baixar a temperatura a 160ºC e deixalo 25 minutos. Apagar o forno e deixar o pastel dentro durante 40 minutos ou unha hora.
- Sacar do forno e deixar que termine de arrefriar sen sacalo do molde. Estará máis rico ao día seguinte.
Tempo aproximado: 30 minutos + o tempo de forno
Tiene que estar increíble!
ResponderEliminarMuy rico, de verdad y fácil de hacer, a por el¡¡
EliminarQue pinta más buena tiene!! Y parece super sencillo!! Lo probamos seguro!!
ResponderEliminarSaludos 'especiados'
Ola, son 11 gramos de fariña ou 110?. O certo é que 11 parece un número extraño e como fixen a receita pero quedou algo chuchurría (moi rica, pero a consistencia deixaba algo que desexar, igual está aí o erro)... non o sei. Graciñas de antemán
ResponderEliminar