Ingredientes:
1 ananás, canela en po, 1 pau de canela, 1 culler de mel para cada anaco de ananás.Elaboración:
- Cortar a ananás ao longo en 8 anacos.
- Poñer os anacos de ananás nunha fonte de forno.
- Botarlles por enriba a canela en po e o mel.
- Poñer os paus de canela na fonte.
- Meter no forno 40 minutos.
- Mollar os anacos de ananás de vez en cando cos líquidos que se soltan.
- Subir o forno a 200ºC e deixar outros 15 minutos.
- Retirar do forno, servir quente ou a temperatura ambiente*.
*Pode acompañarse dunha bóla de xeado.
Dificultade: Facilísima.
Tempo aproximado: 1 hora.
Comentarios
Publicar un comentario
Encantaríame saber a túa opinión