Ingredientes:
Barquillos: 85 g de fariña de arroz integral, 40 g de amidón de millo, 50 g de manteiga, 150 g de auga, 1 culler de liño moído, 1 ovo, 1 culleriña de sal.Mousse de foie: 90 g de foie mi-cuit, 200 g de nata (35%), sal, pementa negra moída.
Ademais: Un anaco de mazá, 1 culler de azucre moreno, gelée de pedro ximenez.
Elaboración:
Barquillos:- Quentar a metade da auga e engadirlle a culler de liño, deixar repousar.
- Abrandar a manteiga quentándoa no microndas.
- Poñer no vaso da batedora a manteiga fundida, o sal, e o ovo, bater ata ter unha mestura homoxénea.
- Engadir á batedora a auga, a auga co liño e volver a bater ata que todo estea ben mesturado.
- Engadir á batedora a fariña de arroz e o amidón de millo, bater ata que todo estea ben mesturado.
- Quentar a barquilleira, cando estea ben quente engadir 1 culleriña da mestura.
- Pechar a barquilleira e deixar que se faga o barquillo durante uns 2 minutos.
- Retirar as obleas de barquillo e reservar.
Mousse de foie:
- Poñer a quentar a nata e o foie.
- Cando o foie estea desfeito engadir sal e pementa ao gusto.
- Triturar e coar.
- Gardar na neveira ata o día seguinte.
- Montar na batedora ata que teña textura de mousse.
- Pasar a unha manga pasteleira.
- Cortar o anaco de maza en brunoise (dados moi pequenos).
- Poñer os anacos de mazá nunha tixola e engadir a culler de azucre. Quentar ata que os anacos estean caramelizados.
Montaxe:
- Poñer un pouco de mousse enriba de cada unha das obleas de barquillo.
- Colocar enriba da mousse uns anaquiños de mazá.
- Botar unha pinga de gelée por enriba da mazá.
Suxestión: Pode simplificarse a receita utilizando torradas de pan en vez de obleas de barquillo.
Dificultade: Media
Dificultade: Media
Tempo aproximado: 1 hora (para preparar 12 pezas), máis o tempo de repouso da mousse.
Una pinta espectacular!!
ResponderEliminarMuchas gracias¡
Eliminar