Ingredientes:
150 g de chocolate para fundir do 70% sen glute,150 g de chocolate con leite para fundir sen glute, 120 g de nata líquida (35%), 50 g de azucre glass, 50 ml de augardente tostada, 40 g de manteiga de porco ibérico, 100 g de chocolate para fundir do 70%, sen glute, para a cobertura.Ademais: molde de silicona para turrón.
Elaboración:
- Poñer nun cazo a manteiga, a augardente, o azucre e a nata. Quentar ao lume suave.
- Cando empece a ferver retirar do lume e engadir os dous primeiros chocolates troceados.
- Mesturar ata que os chocolates estean completamente fundidos.
- Botar a mestura nun molde de turrón de silicona.
- Deixar repousar ata que arrefríe e despois meter na neveira ata que a trufa estea dura.
- Cando a trufa xa está dura sacar do molde e reservar na neveira.
- Fundir os 100 g de chocolate do 70%, pode facerse no microondas quentando de 15 en 15 segundos e remexendo de cada vez.
- Cando o chocolate estea fundido sacar a trufa da neveira colocala sobre unha grella e bañar co chocolate.
- Gardar na neveira ata o momento de consumir.
Dificultade: Fácil.
Tempo aproximado: 30 minutos máis o tempo que tarde en endurecer a trufa.
No microondas metelo para reposar?
ResponderEliminarGracias un bico
Gracias por avisar del error, ya está corregido, donde tiene que reposar es en la nevera. Gracias otra vez, un bico
Eliminarcomo siempre, una verdadera maravilla y hoy si quieres, más todavía!!! Impresionante.
ResponderEliminarMuchísimas gracias Sonsoles, tú siempre tan amable.
Eliminar