Ingredientes:
500 g de lentellas vermellas, 2 cenoiras, 2 allos porros, 1 cebola, aceite de oliva virxe extra, 1 culleriña de curry, pementa negra moída sal.Elaboración:
- Cortar todas as verduras en anacos grandes.
- Poñer nunha tarteira un pouco de aceite a lume suave e engadir as verduras. Remexer.
- Engadir auga suficiente para cubrir as verduras.
- Deixar cocer as verduras ata que estean case cocidas.
- Engadir as lentellas á tarteira coas verduras, poñer auga suficiente para que quede tres dedos por enriba das lentellas.
- Deixar cocer.
- Cando as lentellas estean cocidas triturar todo, volver a poñer ao lume e engadir sal e curry ao gusto.
Suxestións, poden engadirse outras verduras como cabaciña, cocer primeiro as verduras xa que estas lentellas cocen moi rápido.
Dificultade: Facilísima.
Tempo aproximado: 30 minutos.
Olá, descobri hoje o teu blog, tem umas fotos estupendas! Gosto muito de sopa de lentilhas vermelhas. Vou experimentar esta receita!
ResponderEliminarObrigada polo teu comentario¡¡¡ Espero que che goste a sopa. Saúdos
EliminarBom Ano!
EliminarCá está ela: http://belitaarainhadoscouratos.blogs.sapo.pt/a-abir-as-hostilidades-347914
Este comentario foi eliminado polo autor.
EliminarEu amo como você fez a receita¡¡
EliminarEste comentario foi eliminado polo autor.
ResponderEliminar