Ingredientes:
200 g de cabaza cocida*, 200 g de coco relado, 100 g de azucre, 125 g de améndoa moída, 30 améndoas enteiras, 1 xema de ovo.Elaboración:
- Facer un puré coa cabaza cocida, escorregala ben para que non teña moita auga.
- Mesturar todos os ingredientes, agás a xema de ovo e as améndoas enteiras.
- Amasar coas mans ata ter unha masa homoxénea e húmida.
- Facer boliñas coas mans ata acabar a masa. Na parte superior de cada boliña facer un oco para poñer logo unha améndoa enteira.
- Deixar repousar as boliñas uns 20 minutos na neveira.
- Acender o forno a 180ºC.
- Sacar as boliñas da neveira, colocar unha améndoa enteira enriba de cada unha.
- Pintar os "panellets" coa xema de ovo.
- Meter no forno uns 20 minutos. Sacar do forno e deixar arrefriar.
- Gardar nun bote hermético.
* A cabaza pode cocerse no microondas e así non collerá moita auga.
Recollida en "Gastronomía y cía"
Dificultade: Facilísima
Tempo aproximado: 1 hora
Me encantan; preciosos!
ResponderEliminarMuchas gracias por tú comentario¡¡¡¡
Eliminar