Ingredientes:
500 ml de nata para montar (35%), 250 ml de leite evaporado, 125 g de azucre, 150g de chocolate do 50%, 4 xemas de ovo, 1 anaco de xenxibre fresco duns 7 cm, xenxibre confeitado ao gusto, un chisco de sal.Elaboración:
- Poñer nun cazo 250 ml de nata, o leite evaporado o azucre, e o sal.
- Cortar o xenxibre fresco en anacos e engadilo ao cazo.
- Poñer o cazo ao lume ata que ferva, retirar do lume e deixar repousar 1 hora aproximadamente.
- Coar para retirar o xenxibre e volver a poñer no cazo.
- Poñer a quentar outra vez, cando estea quente engadir un pouco ás xemas de ovo e remexer.
- Botar a mestura de xemas de ovo no cazo, seguir quentando a lume suave sen parar de remexer ata que espese como unha crema lixeira.
- Poñer o chocolate e 250 ml de nata nun recipiente para o microondas. Quentar no microondas pouco a pouco, remexendo ata que o chocolate estea completamente derretido.
- Coar a crema e mesturar completamente co chocolate derretido.
- Deixar repousar na neveira ata que estea ben frío.
- Poñer a crema na máquina de xeados* e ir engadindo xenxibre confeitado ao gusto.
- Gardar no conxelador e sacar 10 minutos antes de servir.
*Pode facerse sen máquina metendo a mestura no conxelador ata que empece a conxelar, entón sácase e bátese, repítese esta operación ata que o xeado quede cremoso.
Dificultade: Media
Tempo aproximado: 1 hora máis o repouso e o tempo que tarde en arrefriar.
Comentarios
Publicar un comentario
Encantaríame saber a túa opinión