Ingredientes:
85 g de fariña de arroz integral, 40 g de amidón de millo, 50 g de manteiga, 60 g de azucre, 150 g de auga, 1 culler de liño moído, 1 ovo.Elaboración:
- Quentar a metade da auga e engadirlle a culler de liño, deixar repousar.
- Abrandar a manteiga quentándoa no microndas.
- Poñer no vaso da batedora a manteiga fundida, o azucre, e o ovo, bater ata ter unha mestura homoxénea.
- Engadir á batedora a auga, a auga co liño e volver a bater ata que todo estea ben mesturado.
- Engadir á batedora a fariña de arroz e o amidón de millo, bater ata que todo estea ben mesturado.
- Quentar a barquilleira, cando estea ben quente engadir 1, 2 ou 3 culleres da mestura segundo o tamaño de barquillo que se quera.
- Pechar a barquilleira e deixar que se faga o barquillo durante uns 2 minutos.
- Abrir a barquilleira, se o barquillo xa está ben dourado darlle a forma rapidamente e reservar ata que arrefríe. Para manexar os barquillos é mellor protexer os dedos da calor cunhas luvas.
- Se hai moita humidade no ambiente os barquillo abrandan en pouco tempo, poden meterse menos dun minuto no forno moi quente para volver a estar crocantes pero perderan a súa forma.
Dificultade: Fácil.
Tempo aproximado: 40 minutos.
Comentarios
Publicar un comentario
Encantaríame saber a túa opinión