Ingredientes:
Base: 100 g de fariña de arroz, 50 g de fariña de améndoa, 50 g de coco relado, 1 ovo, 25 g de manteiga fría, un chisco de sal, 1 culleriña de azucre, 6 culleriñas de auga fría.Crema: 3 xemas de ovos, 300 ml de leite enteiro, 10 g de amidón de millo, 2 culleres de azucre, 1 pau de canela, un anaco de cortiza de limón.
Ademais: 1 nectarina, marmelada de melocotón.
Elaboración:
Base- Acender o forno a 150ºC
- Mesturar todos os ingredientes na batedora.
- Distribuír a masa nos moldes utilizando as máns, deixar unha capa fina.
- Meter os moldes no forno uns 15 minutos.
- Sacar do forno e reservar.
Crema
- Poñer nun cazo o leite, o pau de canela e a cortiza de limón, quentar ata que case empece a ferver.
- Mesturar o azucre, o amidón de millo e as xemas de ovo.
- Cando o leite estea quente, pero sen ferver, engadir un pouco sobre as xemas mesturadas co azúcre e o amidón, remexer rápido.
- Botar a mestura no cazo e seguir quentando ata que a crema espese.
Montaxe
- Botar a crema nos moldes ata encher a tartaleta.
- Cortar a nectarina en anacos finos e distribuílos por enriba das tartaletas.
- Volver a meter no forno a 200ºC, co lume por enriba, ata que as tartaletas collan cor. Sacar do forno e reservar.
- Poñer tres culleres de marmelada de melocotón nun cazo a lume suave. Engadir dúas culleres de auga.
- Deixar que ferva uns minutos.
- Pintar as tortas de nectarina coa marmelada.
Dificultade: Media
Tempo aproximado: 1 hora e 30 minutos.
Coñecedes outras masas sen glute para tartas doces?
ResponderEliminar