Ingredientes:
15 g de manteiga, 40 g de azucre glas, 2 culleriñas de maizena, 2 culleres de leite evaporado, 50 g de améndoa picada, 50 g de xenxibre confeitado, 75 g de chocolate negro.Elaboración:
- Acender o forno a 190ºC.
- Disolver a maizena no leite evaporado frío.
- Poñer nun cazo a manteiga, a maizena disolta no leite evaporado e o azucre. Remexer.
- Quentar ata que a crema espese un pouco.
- Retirar do lume e engadir a améndoa e o xenxibre picado en anacos pequenos. Remexer.
- Nunha bandexa de forno forrada con papel ir poñendo montonciños da mestura.
- Meter no forno uns 10 minutos.
- Sacar do forno e deixar arrefriar.
- Fundir o chocolate poñéndoo no microondas 1 minuto, aproximadamente.
- Bañar as pastas co chocolate fundido.
Adaptada sen glute de "La enciclopedia de los sabores" de Niki Segnit.
Dificultade: Fácil.
Tempo aproximado: 25 minutos.
Comentarios
Publicar un comentario
Encantaríame saber a túa opinión