Ingredientes:
250 ml de leite enteiro, 200 ml de nata, 100 ml de augardente tostada*, 4 culleres de augardente tostada, 1 culleriña de amidón de millo (Maizena), 4 culleres de azucre invertido.* Pode substituirse por outro licor.
Elaboración:
- Reservar un pouco de leite frío para disolver o amidón de millo.
- Poñer a quentar o resto do leite xunto coa nata.
- Cando comece a ferver engadir os 100 ml de augardente e as culleres de azucre invertido.
- Engadir o amidón de millo disolto en leite frío.
- Remexer a mestura ata que teña unha consistencia de "natillas" lixeiras.
- Retirar do lume e deixar arrefriar.
- Cando a mestura estea a temperatura ambiente engadir as 4 culleres de augardente, remexer e gardar na neveira unhas 12 horas.
- Pasar o preparado á máquina de xeados*.
- Gardar no conxelador. Para consumir sacar un pouco antes do conxelador.
*Pode facerse sen máquina metendo a mestura no conxelador ata que empece a conxelar, entón sácase e bátese, repítese esta operación ata que o xeado quede cremoso.
Dificultade: Media.
Tempo aproximado: 30 minutos + máis o repouso.
Comentarios
Publicar un comentario
Encantaríame saber a túa opinión