Ingredientes:
220 g de azucre, 3 ovos e unha xema, 100 g de manteiga, 200 g de zume de limón e a pel relada dun limón.Elaboración:
- Fundir a manteiga no microondas e reservar ata que estea morna.
- Poñer nun bol, que se poida meter ao microondas, os ovos e a xema, engadir o azucre e bater ata que estea ben mesturado.
- Coar o zume de limón e engadirlle o relado da casca.
- Botar o zume de limón e a manteiga aos ovos, remexer.
- Meter no microondas a máxima potencia 1 minuto, remexer cunha culler de madeira. Repetir 3 ou catro veces ata que a crema espese.
Dificultade: Facilísima
Tempo aproximado: 30 minutos.
Comentarios
Publicar un comentario
Encantaríame saber a túa opinión