Ingredientes:
250 g de chocolate fondant sen glute, 150 g de nata de 35%, 25 g de manteiga, 10 g de follas frescas de cecimbre.Elaboración:
- Picar o chocolate, poñelo nun recipiente e reservar.
- Colocar a nata e a cecimbre nun cazo e quentar a lume lento, cando comence a ferver retirar.
- Coar a nata.
- Engadir á nata quente a manteiga e o chocolate, remexer ata que estean desfeitos e teñas unha crema.
- Meter a mestura na neveira ata que arrefríe.
- Forrar unha bandexa con papel para forno e ir collendo cunha culler anaquiños da pasta de chocolate.
- Facer boliñas, poñelas na bandexa e meter na neveira unhas 4 horas.
- Rebozar as trufas con cacao puro ou azucre de lustre.
- Aguantan varios días na neveira.
Dificultade: Fácil.
Tempo aproximado: 30 minutos (máis o repouso na neveira)
Tempo aproximado: 30 minutos (máis o repouso na neveira)
Comentarios
Publicar un comentario
Encantaríame saber a túa opinión