Ingredientes:
300 g de boletus eringii ( ou outro tipo de cogomelos), 50 ml de aceite virxe extra, 2 dentes de allo, 2 follas de loureiro, un anaco de chile, pementa negra en gran , 50 ml de viño branco, 25 ml de vinagre de xeréz, sal.Elaboración:
- Poñer nunha tixola o aceite e os allos, cando estes empezen a "saltar" engadir as setas cortadas en láminas.
- Engadir pementa negra e sal ao gusto.
- Engadir as follas de loureiro.
- Cando os cogomelos estean case feitos sacalos da tixola e reservar.
- Engadir á tixola o viño e o vinagre, deixar ferver uns 10 minutos.
- Volver a engadir os cogomelos á tixola e apagar o lume.
- Cando estean a temperatura ambiente poden gardarse nun bote de cristal na neveira. Consumir a temperatura ambiente.
Dificultade: Fácil
Tempo aproximado: 40 minutos
Comentarios
Publicar un comentario
Encantaríame saber a túa opinión