Ingredientes:
125 g de fariña sen glute, 4 ovos, 370 g de leite condensado, 42 g de manteiga branda, 3 culleriñas de lévedo químico.Elaboración:
- Acender o forno a 180ºC
- Poñer no bol da batedora o leite condensado e engadir os ovos un a un batendo e mesturando.
- Engadir a manteiga, o lévedo e a fariña, batendo todo o tempo ata obter unha mestura homoxénea.
- Encher un molde de silicona coa masa, metelo no forno uns 30 minutos.
- Comprobar que estea feito pinchando cun coitelo que ten que saír limpo.
Dificultade: Fácil
Tempo aproximado: 50 minutos.
Comentarios
Publicar un comentario
Encantaríame saber a túa opinión