Ingredientes:
1/2 kg de solombo de porco, 125 g de caldo de carne, 30 g de azucre , 60 g de vinagre balsámico, 1 culler de salsa de soia, 1 culleriña de sal, 1/4 de culleriña de pementa vermella, 2 dentes de allo prensados, 2 cenorias medianas cortadas en bastóns.Elaboración:
- Poñer todos os ingredientes nunha tarteira ao lume máis baixo posible. Deixar que se cociñe durante 6 horas, aproximadamente, dando voltas á carne de vez en cando.
- A carne está feita cando pode abrirse cun garfo.
- Cando a carne estea feita retirala da tarteira e reducir un pouco a salsa, se é necesario, subindo o lume.
- Servir a carne coa salsa as cenorias.
Suxestións:
Pode engadirse ao asado patacas novas pequenas, ou servirse a carne con puré de patacas.
Dificultade: Facilísima.
Tempo aproximado: 7 horas.
Comentarios
Publicar un comentario
Encantaríame saber a túa opinión