Ingredientes:
3 follas de pasta para lasaña sen glute*, 500 g de cabaza, 1 cenoira, a parte branca dun allo porro, catro chalotas, unha culleriña de curry, media culleriña de cúrcuma, pementa moída, unhas gotas de tabasco, sal, aceite de oliva virxe extra, queixo mozzarella relado.Para a bechamel:200g de leite, 25 g de manteiga, 7 g de maicena.
*Non coñezo ningunha pasta de canelóns sen glute. Unha vez cocida a pasta de lasaña, cortala á metade para facer os canelóns.
Elaboración:
- Cocer a pasta segundo as indicacións do fabricante.
- Picar, moi picadiño, o allo porro e as chalotas, poñer todo nunha tarteira, cun pouco de aceite, ao lume.
- Pelar e cortar a cabaza en anacos pequenos.
- Pelar e cortar a cenoria en anacos pequenos.
- Engadir á tarteira a cabaza e a cenoria, remexer e deixar facer a lume suave.
- Cando a cabaza estea feita engadir o curry, a cúrcuma, o sal e catro pingas de tabasco.
- Deixar arrefriar.
- Bechamel: Disolver a maicena nun pouco de leite frío.
- Poñer o leite nun cazo xunto coa manteiga e ferver.
- Cando o leite estea fervendo botar a maicena disolta e remexer. Engadir o sal e a pementa ao gusto. Deixar cocer uns minutos, remexendo de cando en vez. Reservar.
- Facer os canelóns coa crema de cabaza.
- Nunha fonte para forno poñer un pouco de bechamel no fondo, ir colocando os canelóns a medida que se van facendo.
- Botar por enriba dos canelóns máis bechamel e o queixo.
- Meter no forno a gratinar.
Dificultade: Fácil.
Tempo aproximado: 1 hora e 15 minutos.
Comentarios
Publicar un comentario
Encantaríame saber a túa opinión