Ingredientes:
Frijoles: 500 g de frijoles, 1 cebola grande, un pemento morrón asado, aceite de oliva virxe extra, sal.Carne: 1kg de carne de tenreira (tapa ou similar),1 cebola grande ,1 lata de tomate triturado grande, medio pemento morrón asado, aceite de oliva virxe extra, sal, pementa negra moída.
Elaboración:
- Cocer a carne só con auga.
- Cando a carne estea cocida sacala da auga e deixar arrefriar. Reservar a auga de cocción.
- Picar a cebola e poñela a pochar nunha tarteira cun pouco de aceite. Cando a cebola estea transparente engadir o pemento cortado.
- Engadir os frijoles, remexer, botar o caldo de cocer a carne e a auga suficiente para que os frijoles queden con dous dedos de auga por enriba.
- Subir o lume ata que comecen a ferver, despois baixar o lume e deixar facer lentamente. Remexer de cando en vez.
- Cando os frijoles estean feitos engadir o sal.
- Unha vez que a carne estea fría desfacela separando as febras.
- Picar a cebola e poñela a pochar nunha tarteira cun pouco de aceite .
- Cando a cebola estea feita engadir o pemento cortado en anacos, deixar que se faga un pouco.
- Engadir a carne, remexer, engadir o tomate, o sal, a pementa. Deixar facer a lume suave.
- Facer un arroz branco para acompañar.
Dificultade: Fácil.
Tempo aproximado: 2 horas e media.
Comentarios
Publicar un comentario
Encantaríame saber a túa opinión