Ingredientes:
400 g de cabaza, 50 g de azucre + 15 g de pectina, 300 g de azucre, 75 g de glicosa, 75 g de azucre invertido, 8 g de ácido cítrico.Elaboración:
- Cortar a cabaza pelada en tacos, cocela no microondas durante 6 minutos á máxima potencia.
- Cando a cabaza estea cocida triturala coa batedora.
- Poñer o puré de cabaza nun cazo e engadir o azucre + pectina. Quentar ata que ferva.
- Cando estea fervendo engadir o azucre aos poucos para que non baixe moito a temperatura. Remexer continuamente.
- Engadir a glicosa e o azucre invertido. Remexer.
- Deixar quentar ata 107ºC.
- Parar a ebulición e engadir o ácido cítrico remexendo ben para que se disolva.
- Botar a mestura en moldes pequenos*. Deixar arrefriar e sacar as gominolas dos moldes.
- Rebozar as gominolas en azucre.
Dificultade: Fácil.
Tempo aproximado: 1 hora.
Comentarios
Publicar un comentario
Encantaríame saber a túa opinión