Eu utilizo moito allo porro para cociñar, gústame moito, e como teño uns estupendos na horta penseí en asalos e facer unha quiche con eles. Este tipo de receitas son moi fáciles de facer e ademais pode cociñarse con antelación e tomarse quente ou a temperatura ambiente. Acompañada dunha ensalada está riquísima.
Ingredientes:
Masa
- 100 g de fariña de arroz
- 60 g de amidón de millo
- 4 g de psyllum moído
- 1 ovo mediano
- 80 g de manteiga fría
- 2 culleres de auga moi fría
Recheo:
- 3 allos porros medianos
- 2 ovos
- 50 ml de leite evaporado
- 30 g de queixo parmesano relado
- Pementa negra moída
- Sal
- Aceite de oliva
Elaboración:
Masa
- Cortar a manteiga en cubos dun cm de lado.
- Mesturar a manteiga, a fariña de arroz, o amidón de millo e o psyllum. Pode facerse a man ou na batedora.
- Cando teñamos como unha especia de area engadir o ovo. Seguir mesturando.
- Se non se forma unha masa compacta engadir unha culleriña de auga e se é necesario engadir máis ata ter unha masa compacta. A cantidade de auga necesaria vai depender do tamaño do ovo.
- Facer unha bóla coa masa e chafala un pouco. Envolvela en flime e gardala na neveira. Ten que repousar polo menos unha hora.
Recheo:
- Poñer os allos porros enteiros nunha bandexa de forno, botarlles un pouco de aceite de oliva.
- Meter no forno a 180ºC durante uns 20 minutos.
- Sacar do forno e deixar arrefriar.
- Retirar as follas de fóra que estean duras.
- Cortar os allos porros en toros duns 2 cm.
- Bater os ovos xunto co leite evaporado, a pementa e o sal. Reservar.
Montaxe:
- Sacar a masa da neveira e estirar cun rolete ata que teña un grosor duns 4 mm.
- Forrar coa masa un molde desmontable duns 15 cm de diámetro. Deixalo repousar na neveira uns 20 minutos.
- Sacar o molde da neveira e poñer enriba da masa algún peso para que non suba ao enfornar. Meter o molde no forno prequentado a180ºC. Deixalos no forno ata que empece a dourarse nos bordos.
- Sacar do forno e repartir os anacos de allo porro na torta.
- Botar a mestura de ovos e leite ata enchela.
- Relar o queixo por enriba.
- Meter no forno a 180ºC ata que a superficie estea dourada, uns 20 ou 25 minutos.
Comentarios
Publicar un comentario
Encantaríame saber a túa opinión