Tortiñas de cebola e queixo

Esta  tortiñas levan ingredientes moi sinxelos que sempre temos na casa , aínda que en principio pareza que a receita será difícil, xa que leva masa, e sabemos que as masas sen glute adoitan complicarnos un pouco. Neste caso e unha masa crebada moi fácil de elaborar,  pode romper pero non pasa nada, facendo un pouco de presión volve unirse. Podemos conxelar a que sobre ou  podemos usala para facer galletas.

O recheo é moi sinxelo, ocórrenseme outros moitos para facer: con espinacas, con allos porros, con brócoli, con xamón, etc...  O resultado é moi, moi rico. 

Ingredientes:

Masa
  • 100 g de fariña de arroz
  • 60 g de amidón de millo
  • 4 g de psyllum moído
  • 1 ovo mediano
  • 80 g de manteiga fría
  • 2 culleres de auga moi fría

Recheo:
  • 2 cebolas medianas
  • 2 ovos
  • 50 ml de leite evaporado
  • 1 culleriña de curry
  • 30 g de queixo parmesano relado
  • Pementa negra moída
  • Sal
  • Aceite de oliva


Elaboración:

Masa
  1. Cortar a manteiga en cubos dun cm de lado.
  2. Mesturar a manteiga, a fariña de arroz, o amidón de millo e o psyllum. Pode facerse a man ou na batedora.
  3. Cando teñamos como unha especia de area engadir o ovo. Seguir mesturando.
  4. Se non se forma unha masa compacta engadir unha culleriña de auga e se é necesario engadir máis ata ter unha masa compacta. A cantidade de auga necesaria vai depender do tamaño do ovo.
  5. Facer unha bóla coa masa e chafala un pouco. Envolvela en flim e gardala na neveira. Ten que repousar polo menos unha hora.
  6. Esta cantidade de masa dá para 5 tortiñas duns 9 cm de diámetro.

Recheo:
  1. Cortar as cebolas en xuliana fina e poñelas nunha tixola cun pouco de aceite. Deixar que se fagan despacio a lume suave.
  2. Cando a cebola estea transparente e branda retirar do lume. Coar para separar a maior cantidade posible de aceite. Reservar a cebola.
  3. Bater os ovos xunto co leite evaporado, o curry, a pementa e o sal. Engadir o queixo relado. Reservar.

Montaxe:
  1. Sacar a masa da neveira e estirar cun rolete ata que teña un grosor duns 4 mm.
  2. Forrar coa masa os moldes e deixalos repousar na neveira uns 20 minutos.
  3. Sacar os moldes da neveira e poñer enriba da masa algún peso para que non suba ao enfornar. Meter os moldes no forno prequentado a180ºC.  Deixalos no forno ata que empecen a dourarse nos bordos.
  4. Sacar do forno e repartir a cebola cociñada nas tortiñas. Botar en cada unha a mestura de ovos e leite ata enchelas.
  5. Cortar uns anacos finos de queixo e poñelos por enriba.
  6. Meter no forno a 180ºC ata que estean douradas, uns 15 minutos.

Dificultade: Media

Tempo aproximado: 1 hora máis os tempos de repouso.

Alérxenos:



Comentarios