Espinacas cremosas con edamame e froitos secos

Ás veces vas deixando restos de paquetes de produtos conxelados e un día decides usalos todos para unha receita, esta é deste tipo. Hoxe no conxelador había espinacas e vaíñas de edamame . Tamén tiña, na despensa, un paquete aberto de froitos secos e outro de uvas pasas, con todo isto ocorréuseme facer estas espinacas cremosas. Unha receita moi fácil e moi saborosa.


Ingredientes:

  • 500 g de espinacas conxeladas
  • 300 g de vaiñas de edamame conxelado
  • 1 cebola mediana
  • 1 dente de allo
  • 2 culleriñas de amidón de millo
  • 150 ml de nata para cociñar
  • 50 g queixo parmesano relado
  • 100 g de froitos secos variados
  • Unha presa de uvas pasas
  • Pementa negra
  • Noz moscada
  • Sal
  • Aceite de oliva virxe


Elaboración

  1. Desconxelar as espinacas e vaíñas de soia (edamame ).
  2. Abrir as vaiñas de soia e sacar as sementes, reservar.
  3. Picar a cebola e poñela nunha tarteira cun pouco de aceite, engadir o allo picado.
  4. Deixar que se pochen a cebola e o allo a lume suave.
  5. Triturar os froitos secos, poñelos nunha tixola a lume suave, cando empecen a torrarse lixeiramente sacalos do lume e reservar.
  6. Cando a cebola estea transparente engadir as uvas pasas e deixar que se cociñen uns minutos.
  7. Engadir as espinacas e o edamame .
  8. Botar o amidón de millo e remexer. Engadir a nata e remexer outra vez.
  9. Deixar ao lume suave, engadindo a pementa,a noz moscada e o sal.
  10. Despois duns minutos probar e rectificar de sal se é necesario.
  11. Botar a unha fonte que podia meterse no forno.
  12. Estender por enriba o queixo relado e os froitos secos.
  13. Meter no forno a 180ºC ata que a superficie estea lixeiramente torrada.
  14. Servir inmediatamente.




Dificultade: Moi fácil
Tempo aproximado: 40 minutos máis o tempo de deconxelación.
Alérxenos:





Comentarios